(VÍDEO) Deteñen dous furtivos no Fuciño do Porco con doce quilos de percebe ilegal

O marisco incautado aos arrestados, veciños de Valdoviño, foi entregado a un centro benéfico de Viveiro

Percebe decomisado. AXM

A Garda Civil detivo no termo municipal do Vicedo (Lugo) a dous veciños de Valdoviño (A Coruña) como supostos autores dos delitos de desobediencia e resistencia a axentes da autoridade e contra os recursos naturais.

Segundo expuxo o Instituto armado a través dun comunicado de prensa, os presuntos furtivos foron sorprendidos por axentes do Instituto Armado nunha zona moi coñecida da Mariña Lucense que só se pode acceder a pé, xa que o acceso a Fuciño do Porco con vehículos non está permitido.

Foron intervidos un total de doce quilogramos de percebe e  útiles cos que estas dúas persoas supostamente realizaban a captura destes crustáceos de maneira ilegal. O marisco incautado entregouse a un centro benéfico da localidade lucense de Viveiro. As persoas detidas foron postas a disposición xudicial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here